O arte do local
Un Museo Vivo

Onde o cotián se converte en extraordinario.

Cada produto local garda unha historia.
De familia, de esforzo, de saber facer.
Historias que merecen ser contadas, por iso as puxemos no lugar que merecen:
un museo.
Onde o cotián se converte en extraordinario.


Nel non hai artistas anónimos.
Hai persoas que fan as cousas ben, con cabeza e corazón.
O Manifesto
01.
Isto non é unha galería.
É unha homenaxe.
A quen cultivan, crían, pescan, elaboran…
A quen defenden o local.
E o converten en extraordinario.


02.
A arte non sempre se pinta.
Ou se canta.
Ás veces cultívase durante anos.
Péscase no amencer.
Ou elabórase sen présa.
A Arte do Local é un saber facer que pasa de xeración en xeración. É poñer en valor o noso.
En Gadis cremos que iso merece ser contado.
E tamén contemplado.
Detrás da Obra
Nestas mans comeza a arte.
Jesús Álvarez
Jesús Álvarez Aldao
Eloy
Rubiás CB
Alberto Cacabelos
Mariscos Malliño
Xosé Lois Lamazares
Daveiga
Maika Mougán
Hortamanda
Yobana & Máximo
Divina Proporción
María & Blas
Pescados Blas
José Iglesias
